Mostrando entradas con la etiqueta Tomás González Ahola. Novela de Ciencia-Ficción. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tomás González Ahola. Novela de Ciencia-Ficción. Mostrar todas las entradas

martes, 29 de agosto de 2017

GALIZA MUTANTE: PODER NUCLEAR!


RESEÑADA por losrelatosdepatri para LIBROS,  el 15 de Julio de 2013.
Terminada "Galiza mutante. Poder nuclear" de Tomás González Ahola.
Una novela que aúna ciencia ficción, fantasía, aventuras y con ciertas dosis de terror, en la que se nos crea todo un mundo disparatado situado en una Galicia post apocalíptica, poblada por mutantes y prácticamente arrasada. Una crítica demoledora a la religión, el poder y a u...na sociedad que nunca aprende de sus propios errores regada con un humor muy ácido y lleno de guiños desternillantes a personas, lugares, cultura popular, situaciones ... característicos gallegos además de homenajes a grandes genios de la fantasía como Lovecraft, Tolkien o Úrsula K Le Guin.
Una novela original, sorprendente, muy ágil, que se devora con una sonrisa en el cara.
Sin duda con muchas ganas de que llegue su segunda parte.

Sinopsis (Urco Editora)
Miles de estacións teñen pasado dende que O Froilán baixou dos ceus e rematou coa decadente civilización da Xente Vella. Cmph'sthulhu, a cidade dos Sete Círculos, gobernada polos Sete Bispos Mutantes, érguese no centro dunha vizosa terra que vai dende os infranqueábeis montes Áncaros ata o Mar da Fin do Mundo. Catro mutantes han chegar ata ela na procura do seu Destino, atopando namentres aventuras, perigos e misterios que se remontan ata os tempos do Grande Caos.

Galiza Mutante: Poder Nuclear! (fragmento)

"Dúas diminutas figuras escuras avanzaban lentamente sobre unha enorme explanada gris e vermella de formigón e ferruxe. As ondas do mar picado batían contra as apodrecidas carcasas de aceiro que sobresaían da auga formando un cemiterio de monstros mariños varados sobre os que aniñaban as impoñentes e inmisericordes aves carnívoras da costa. Do outro lado, unha infinita mole selvática de árbores mutadas e torréons medio derruídos bocexaba con incotábeis bocas rectangulares de vidro escachado. O Pastor arquexaba e no seu rostro líanse gravados a lume os síntomas do terror máis salvaxe. A outra figura que avanzaba ao seu carón con paso desgairado non deixaba de bracear con xestos ampuloso dos seus membros superiores rematados en poutas de dedos membranosos, como os dun parrulo.
-Meu, inda non sei como atrevesiches a sidade ti só. Sorte que che mirín a tempo antes de que as ghavotas che pillasen. Miña irmán non tivo tanta sorte coma tí, meu. Papárona toda antes de que puidese dar un chío. O Pastor seguía calado, igualmente horrorizado pola súa xornada a través das ruínas malditas de Vigh como pola criatura anfibia e falangueira que non o deixaba en paz. Érache un auténtico monstro aquel ser que se facía chamar Costenla e que cos seus berros agudos e roncos atraera sobre eles un escuadrón das xigantescas aves brancas e grises de pico serrado que el chamaba 'ghavotas'."